Facer

As Cruces Festa de Interese Turístico

18-05-2016

O tradicional festexo do barrio da Ponte, na parroquia de Arante, repetiu o seu tradicional bandeo de pendóns de sete parroquias O barrio ribadense da Ponte, na parroquia de Arante, celebrou este luns unha nova edición da festa das Cruces, que cos anos acabou por perder a súa característica de romaría popular que tivo durante décadas.

Este ano ademais a concelleira de desenvolvemento local e turismo, Ana Martínez, anunciou a súa intención de iniciar a tramitación para que a festa sexa declarada de Interese Turístico.

O festexo é unha celebración onde se conmemora unha batalla librada por tropas formadas por veciños de sete parroquias de Ribadeo e Trabada, encabezadas polo trabadense Melchor Díaz de la Rocha, contra un avance de tropas napoleónicas a comezos do século XIX. No entanto, é moi probable que en realidade a festa se remonte bastante máis atrás no tempo.

Compartir: