Planifica

2 días

Mañá

Praias

Se vas estar un fin de semana ou un par de días en Ribadeo propoñémosche esta escapada coa que poderás coñecer os nosos recantos máis esenciais e emblemáticos.

Se na túa visita a Ribadeo está nos teus plans achegarte a praia de As Catedrais, o primeiro que debes ter en conta é o estado das mareas, así a túa visita pódela organizar en función do baixamar. Para guiarte nesta tarefa, na oficina de turismo indicámosche a hora ideal de visita ao areal e proporcionámosche un bo mapa -guía con rutas a seguir e que che indica a situación dos monumentos que saen ao teu paso.

A oficina de turismo encontrarala en Praza de España onde xa poderás comezar a túa ruta, se a marea baixa fose á tarde. "Esta praza, é o centro neurálxico da vila, arredor desta álzanse construcións que nos permiten percorrer a historia de Ribadeo, o elegante pazo neoclásico de Ibáñez, a cosmopolita Torre dos Moreno, o sobrio Convento de Santa Clara e a Igrexa Parroquial de Santa María del Campo cuxa orixe se remonta a un antigo convento franciscano do S. XIII.

Unha vez abandones a praza poderás elixir entre dúas alternativas. A primeira tomar a "rúa peonil", unha das rúas máis dinámicas de Ribadeo, esta e as súas perpendiculares aglutinan unha inmensidade de tendas, bares, cafetarías e restaurantes onde poderás gozar da vida e o bulicio desta vila. Co aliciente de que esta rúa che conduce a un dos barrios máis bonitos de Ribadeo na actualidade o barrio de san Roque. O "Barrio Indiano de San Roque": caracterízase por concentrar o maior número de "Casas Grandes Indianas". As vivendas deste barrio, ás veces verdadeiras vila urbanas, foron construídas por indianos adiñeirados retornados da emigración americana, edificacións con cores vivas, con elegantes decoracións, con xogos de simetrías e formas elegantes que nos falan dun novo estilo de vida, sofisticado e cosmopolita.

Praza de Abastos

Nunha desta rúa tamén se encontra a praza de Abastos:

No seu interior poderás encontrar infinidade de carnes, peixes e mariscos frescos, pero tamén froitas verduras, queixos etc...

La Plaza de Abastos concentra gran parte da actividade comercial de Ribadeo e é aquí teñen lugar cada semana os mercados dos mércores.

Exceptuando os domingos, abre todos os días pola mañá dende as 8.00 ata as 15.00 horas.

Ría de Ribadeo

A segunda dirixirte cara ao mar e internarte no Casco Histórico:

Declarado Ben de Interese Cultural (BIC). O seu máximo expoñente relixioso, encontraralo na Capela da Atalaia do S. XII, a máis antiga da vila dende onde obterás unha panorámica fantástica do porto deportivo e da Ría de Ribadeo.

Recorda que sempre podes utilizar o noso ascensor panorámico para descender aos portos.










Comer

Racións

Unha vez no peirao e despois de percorrer o paseo marítimo, poderás degustar, en calquera dos restaurantes do noso porto deportivo unha infinidade de peixes e mariscos do noso mar e ría.

O polbo, as navallas, as luras da ría, o mero, o sargo ou a robaliza fan de cada degustación unha experiencia única

Tarde

Mirador de Santa Cruz

Pola tarde, unha boa opción para coñecer Ribadeo de forma relaxada e distendida é un paseo en barco pola Ría de Ribadeo, para ir contemplando a cidade dende outra perspectiva. No teu paseo pola Ría poderás descubrir en maior profundidade este esteiro, unión entre dous pobo e culturas, e mesmo terás a posibilidade de apearte en Castropol ou Figueras, pobos da ribeira asturiana, e tomar un culín de sidra

De volta na zona centro, despois do obrigado shopping, suxerímosche un paseo cara ao principal miradoiro panorámico, o Monte de Santa Cruz, este ofrece unhas impresionantes vistas panorámicas de todo aquilo que acabas de visitar.

Cear

Para a cea podes decidirte por unha opción máis informal, unha ruta de tapas, para degustar a chamada cociña en miniatura que poderás encontrar en máis 50 dos noso restaurantes, sempre acompañadas dun bo viño galego con denominación de orixe, así Galicia é unhas terra produtora de viños de gran calidade e recoñecido prestixio. Onde comer

Noite

Noite en Ribadeo

Non experimentar a noite de Ribadense é impensable. As súas rúas están cheas de terrazas, restaurantes, bares, pubs, que abren ata a madrugada. Lugares onde poderás tomar un viño e compartir charlas relaxadas entre os amigos, establecementos con actividades ao vivo que seguro farán a túa estanza máis animada e divertida, ou mesmo, poderás achegarte a locais máis modernos, con ambientes musicais diversos para todas as idades e gustos

Día 2

Mañá

Rinlo

Se a primeira xornada da visita a empregache en coñecer o centro, o segundo día en Ribadeo pódelo empregar en percorrer o litoral e conseguir a "Credencial do Viaxeiro Ribadense".
A primeira hora da mañá podes tomar a rúa do Faro, e percorrendo ao teu paso a ruta de miradoiros e parte do litoral ribadense, dirixirte a Rinlo e as súas antigas cetarias.

Antes, e como parada obrigatoria, unha pequena visita á nosa "Pancha" Pancha é o nome que recibe a illa que alberga os faros de Ribadeo, unha das máis famosas e pintoresca da zona.

Xa en Rinlo un paseo polas súas estreitas rúas, "congostras" descubriranche un pequeno porto de orixe medieval creado nun dos poucos entrantes propicios para iso desta costa, un pequeno porto tradicional que conserva o seu típico encanto, produto dun urbanismo de rúas estreitas e de vivendas de mariñeiros.

Comida

Por suposto, non debes abandonar Rinlo sen probar o seu afamado arroz caldoso con lumbrigante, ou unha boa ración de percebes, collidos polas propias mariscadoras do pobo.

Tarde

Praias e costa

Seguindo o teu percorrido polo litoral, a través da Ruta das Praias, irás atopando unha sucesión de entrantes, saíntes, praias recollidas e enseadas rochosas que converten a nosa costa nunha das máis belas de Galicia.

Praias como a de Esteiro, IIlas ou Castros, famosas polos seus vistoso acantilados e area fina, son a mellor opción se queres darche un baño ou tomar o sol antes de proseguir o teu camiño á arquifamosa Praia de As catedrais. Sen dúbida o Monumento Natural de Ribadeo. Este areal recoñecido como unha das praias máis bonitas de mundo, é un dos principais destinos turísticos de Galicia. Unha vez aquí quedarás fascinado cos seus fermosos e espectaculares cantís, unha sucesión de arcos, covas e bufadeiros, que a converten, nunha praia única.

Cear

Arroz caldoso

Un bo número de restaurantes ofrécenche menús degustación a un mesmo prezo e cun mesmo soporte e calidade. Se queres ter unha experiencia gastronómica con garantía e produtos de proximidade reservar un destes menús degustación, a un prezo de 60 euros cada dous persoas e goza dunha experiencia gastronómica inesquecible. Onde comer

Noite

Ribadeo ofrece unha sorprendente programación cultural: música clásica, teatro, pop, rock concertos de pequeno formato; ou maxia, cuentacuentos, etc. Son os habituais dunha rica Axenda cultural da que poderás gozar todo o ano.

Compartir: