Planifica

1 día

Mañá

Praza de España

Se na túa visita a Ribadeo está nos teus plans achegarte a praia de As Catedrais, o primeiro que debes ter en conta é o estado das mareas, así a túa visita pódela organizar en función do baixamar. Para guiarte nesta tarefa, na oficina de turismo indicámosche a hora ideal de visita ao areal e proporcionámosche un bo mapa -guía con rutas a seguir e que che indica a situación dos monumentos que saen ao teu paso.

A oficina de turismo encontrarala en Praza do Campo (tamén coñecida coma Praza de España) onde xa poderás comezar a túa ruta, se a marea baixa fose á tarde. Esta praza, é o centro neurálxico da vila, arredor desta álzanse construcións que nos permiten percorrer a historia de Ribadeo, o elegante pazo neoclásico de Ibáñez, a cosmopolita Torre dos Moreno, o sobrio Convento de Santa Clara e a Igrexa Parroquial de Santa María del Campo cuxa orixe se remonta a un antigo convento franciscano do S. XIII.

Casco Histórico

Unha vez abandones a praza poderás elixir entre dúas alternativas. A primeira dirixirte cara ao mar e internarte no Casco Histórico: Declarado Ben de Interese Cultural (BIC). Aquí construíron as súas casas ricos fidalgos e comerciante que convivían con mariñeiros e artesáns. O resultado é, hoxe en día, un conxunto urbano diferenciado que combina pazos urbanos blasonados con sinxelas construcións. O seu máximo expoñente relixioso, encontraralo na Capela da Atalaia do S. XII, a máis antiga da vila dende onde obterás unha panorámica fantástica do porto deportivo e da Ría de Ribadeo.

A segunda tomar a "rúa peonil", unha das rúas máis dinámicas de Ribadeo, esta e as súas perpendiculares aglutinan unha inmensidade de tendas, bares, cafetarías e restaurantes onde poderás gozar da vida e o bulicio desta vila. Ao final da rúa encontraraste cun dos barrios máis bonitos de Ribadeo, na actualidade, o barrio de san Roque. O "Barrio Indiano de San Roque": caracterízase por concentrar o maior número de "Casas Indianas". As vivendas deste barrio, ás veces verdadeiras vila urbanas, foron construídas por indianos adiñeirados retornados da emigración americana, edificacións con cores vivas, con elegantes decoracións, con xogos de simetrías e formas elegantes que nos falan dun novo estilo de vida, sofisticado e cosmopolita.

Comer

Menú degustación

Ao longo de todo o percorrido irás encontrándote cunha infinidade de restaurantes onde poderás degustar as famosas e típica tapas galegas, se o que pretendes é facer unha comida lixeira e continuar a túa visita; ou gozar máis tranquilamente de suculentos pratos que encontrarás na carta dos nosos mellores e variados establecementos. Donde Comer

O polbo, as navallas, as luras da ría, o mero, o sargo ou a robaliza fan de cada degustación unha experiencia única.

Tarde

Rinlo

A primeira hora podes tomar a rúa do Faro, e percorrendo ao teu paso a Ruta de Miradoiros e parte do litoral ribadense, dirixirte a Rinlo. Un porto de orixe medieval creado nun dos poucos entrantes propicios para iso desta costa. Trátase dun porto tradicional de pesqueiros, conserva o seu típico encanto, produto dun urbanismo de rúas estreitas e de vivendas de mariñeiros. 

Continuando o teu paseo polo litoral ribadense, a través da Ruta das Praias, poderás chegar á  arquifamosa Praia de As catedrais. Sen dúbida o Monumento Natural de Ribadeo. Este areal, recoñecido coma unha das praias máis bonitas de mundo, é un dos principais destinos turísticos de Galicia.Una vez aquí quedarás abraiados cos seus fermosos e espectaculares cantís, unha sucesión se arcos, covas, furnas e bufadeiros , que a converten unha praia única. Non esquezamos consultar a marea baixa na oficina de turismo, momento axeitado para a súa visita. 

De volta o centro da vila, suxerímosche un paseo cara ao principal miradoiro panorámico, o Monte de Santa Cruz, este ofrece unhas impresionantes vistas panorámicas da Ría de Ribadeo. Sen esquecer deixar un anaquiño do teu tempo para o obrigado shopping.

Cear

Gastronomía

Un bo número de restaurantes ofrécenche menús degustación a un mesmo prezo e cun mesmo soporte e calidade.

Se queres ter unha experiencia gastronómica con garantía e produtos de proximidade reservar un destes menús degustación, a un prezo de 60 euros cada dous persoas  podes goza dunha experiencia gastronómica inesquecible.

Noite

Non experimentar a noite Ribadense é impensable. As súas rúas están cheas de terrazas, bares, pubs, que abren ata a madrugada. Lugares onde poderás tomar un viño e compartir charlas relaxadas entre os amigos, establecementos con actividades ao vivo que seguro farán a túa estanza máis animada e divertida, ou mesmo, poderás achegarte a locais máis modernos, con ambientes musicais diversos para todas as idades e gustos

Compartir: