Planifica

En parella

Visitar Ribadeo é sinónimo de gozar da infinidade de propostas que esta localidade ofrece. Existen moitos plans románticos e orixinais para que poidas compartir coa túa parella, e gozar así de momentos únicos.

Plans alternativos onde a tranquilidade, o relax e o amor son os principais alicientes para pasar uns días inesquecibles. Así, Ribadeo pode ser un dos destinos idóneos para pasar a túa lúa de mel, aínda que non che fará falta estar recén casado para sentirte como o primeiro día da túa relación e gozar de cada intre que pasedes xuntos.

Aquí atoparás dende aloxamentos rurais a hoteis con encanto ou pensións familiares, a oferta de establecementos “alternativos” é variada, dirixida a satisfacer a parellas que queiran entrar en contacto cos lugareños e os seus costumes, degustar comida caseira e as nosas especialidades, e descubrir unha pequena gran localidade chea de vida. Durmir e comer


Estes son os sitios que che propoñemos e que che farán desexar que o tempo non avance nunca.   

As Catedrais

O casco histórico de Ribadeo cheo de autenticidade, historia e beleza, trasladaravos a outra época. Perdédevos percorrendo os restos do pasado que aguantaron o paso do tempo. E desfrutade dun romántico paseo polo porto onde merece a pena parar a repoñer forzas en algún dos seus restaurantes.

Din que a felicidade é unha viaxe, non un destino, pero ¿por qué non ser ambas? Na Costa de Ribadeo atopamos un pequeno pobo chamado Rinlo. Trátase dun dos máis antigos pobos costeiros que conforman o litoral Cantábrico, onde a súa fama pola calidade dos seus mariscos sobrepasa fronteiras nacionais. As súas casiñas de cores, a súa luz e as súas famosas cetáreas convírteno en visita obrigada.

E porque o amor tamén significa aventura e paixón, a nosa próxima parada é a Ría de Ribadeo, trátase dun dos espazos máis entrañables desta localidade. ¿Podedes imaxinar algo máis romántico ca un paseo en barco pola Ría? Navegar coa túa parella nunha pequena embarcación é unha experiencia que merece a pena ser vivida.

Para os más arriscados ofrecémosvos outras posibilidades, onde queimaredes a vosa adrenalina mentres desfrutádes dun entorno privilexiado, paseos en piragua, canoa, Kayak actividades náuticas á altura de deportistas experimentados. Natureza activa 

Outra forma de descubrir a ría é adentrándovos, na marxe galega da mesma, un pequeno paseo, sinxelo e adaptado a todos os niveis, conduciravos a unha bela enseada onde aínda se conserva un antigo muíño de mareas, unha vez alí poderedes desfrutar dun picnic en plena natureza.

Rinlo

Os amantes do litoral, imprescindible é a visita a Illas. Illas é unha das praias máis espectaculares, románticas e fascinantes de Ribadeo. Alí encontraredes a combinación perfecta entre o mar e a terra. Explorala non vos levará demasiado, así que perdédevos nos seus acantilados e aproveitade a intimidade do lugar para desfrutar da tranquilidade e da vosa única compaña.

E por suposto nada mellor, para volver a namorarse, que contemplar unha posta de sol na Praia das Catedrais, os seus maxestuosos acantilados, os seus tesouros agochados en forma de covas, furnas e bufadeiros e a súa marabillosa esencia fana única.

Pero antes de finalizar a xornada aconsellámosvos que despois dunha fermosa posta de sol nas Catedrais aproveitedes ata a escura noite, para saír a fotografiar o Ribadeo nocturno, contaredes cunhas luces e estampas únicas para compartir en parella e inmortalizar para sempre paisaxes e retratos únicos.

Praia das Catedrais e praia de Illas
Compartir: