Facer

De compras

En Ribadeo ir de compras e facer turismo é todo un,  non tes que elixir.En cada recuncho poderás atoparte cunha tenda ou establecemento que define o día a día da vila e o seu dinamismo comercial. Mentres que fas as túas compras poderás descubrir os barrios e espazos máis pintorescos, así como algunha das rúas máis tradicionais podendo aproveitar para facer un paseo cultural.

Dispoñerás dunha ampla variedade de alternativas para realizar as túas compras, como nos comercios locais da vila, na Praza de Abastos, ou en ocasións puntuais coma o mercado semanal dos  mércores, o dos domingos do verán ou o anual do Nadal.

Compartir: