Ver

Ría de Ribadeo

Ría de Ribadeo

A Ría de Ribadeo constitúe a paraxe máis identificativa da vila e é límite natural entre Asturias e Galicia

Este espazo de gran beleza permite gozar da natureza e da súa diversidade biolóxica, especialmente os interesados na ornitoloxía, ademais de ser un lugar propicio para a práctica de deportes náuticos. Neste eido, dende o Concello lanzouse o proxecto Ribadeo Birding, un portal web dedicado aos amantes da ornitoloxía onde se pode atopar completa información sobre as especies que adoitan encóntrase nesta paraxe e os diferentes puntos para unha mellor observación das aves.

Ría de Ribadeo

A ría, que está incluída na Rede Natura 2000, con anterioridade xa fora declara da Zona Húmida de Importancia Internacional,  incluída no convenio Ramsar (acordo transnacional que protexe os hábitat de aves acuáticas) e polos seus valores en diversidade biolóxica, a foi declarada Reserva da Biosfera (2007).

Os aproveitamentos desta foron o longo da historia e son na actualidade infinitos, nela desenvólvense todo tipo de actividades de pesca, marisqueo; actividades vencelladas o comercio marítimo; actividades náuticas, de ocio e recreo, ornitoloxía , …..unha morea de posibilidades que fan aínda máis importante este espazo natural.

Ligazóns

Compartir: