Planifica

3 días

Día 1

Mañá

Casco Histórico

Se vas  estar unha ponte ou uns tres de días en Ribadeo propoñémosche esta escapada coa que poderás coñecer os nosos recantos máis emblemáticos.

Se na túa visita a Ribadeo está nos teus plans achegarte á praia de As Catedrais, o primeiro que debes ter en conta é o estado das mareas, así pódela organizar en función da baixamar. Para guiarte nesta tarefa, na oficina de Turismo indicámosche a hora idónea de visita ao areal e proporcionámosche un bo mapa -guía con rutas a seguir e monumentos que saen ao teu paso.

A oficina de turismo encontrarala na Praza de España onde xa poderás comezar a túa ruta, se a marea baixa fose á tarde. "Esta praza, é o centro neurálxico da vila, arredor desta álzanse construcións que nos permiten percorrer a historia de Ribadeo.

Unha vez abandones a praza poderás elixir entre dúas alternativas. A primeira tomar a "rúa peonil", unha das rúas máis dinámicas da vila, esta e as súas perpendiculares aglutinan unha inmensidade de tendas, bares, cafetarías e restaurantes onde poderás gozar da vida e o bulicio desta vila, co aliciente de que esta rúa condúcete a un dos barrios máis bonitos de Ribadeo na actualidade, o barrio de san Roque. O "Barrio Indiano de San Roque": caracterízase por concentrar o maior número de "Casas Indianas".

Nunha desta rúa tamén atoparás a praza de Abastos: No seu interior poderás encontrar infinidade de carnes, peixes e mariscos frescos, pero tamén froitas verduras, queixos etc...A praza de Abastos concentra gran parte da actividade comercial de Ribadeo e é aquí onde ten lugar cada semana o mercado dos mércores. Exceptuando os domingos, abre todos os días pola mañá dende as 8.00 ata as 15.00 horas

A segunda dirixirte cara ao mar e adentrarte no Casco Histórico: Declarado Ben de Interese Cultural (BIC). O seu máximo expoñente relixioso, encontraralo na Capela da Atalaia do S. XII, a máis antiga da vila dende onde obterás unha panorámica fantástica do porto deportivo e da Ría de Ribadeo. Recorda que sempre podes utilizar o noso ascensor panorámico para descender aos portos.

Comer

Unha vez no peirao e despois de percorrer o paseo marítimo, poderás degustar, en calquera dos restaurantes do porto deportivo unha infinidade de peixes e mariscos do noso mar e ría. O polbo, as navallas, as luras da ría, o mero, o sargo ou a robaliza fan de cada degustación unha experiencia única

Tarde

Ría de Ribadeo

Pola tarde, unha boa opción para coñecer Ribadeo de forma relaxada e distendida é un paseo en barco pola Ría de Ribadeo, para ir contemplando a cidade dende outra perspectiva. No teu paseo pola Ría poderás descubrir en maior profundidade este esteiro, unión entre dous pobo e culturas, e mesmo terás a posibilidade de apearte en Castropol ou Figueras, pobos da ribeira asturiana, e tomar un culín de sidra.

Unha vez de novo no porto deportivo, achégate a praia dos Bloques, se a marrea está alta e o momento ideal para darte un pequeno chapuzón antes de seguir camiño. Cerquiña da praia discorre a Senda azul que te leva o antigo muíño de mareas, na actualidade recuperado.

Cear

Para a cea podes decidirte por unha opción máis informal, unha ruta de tapas, sempre acompañadas dun bo viño galego con denominación de orixe.a, degustarás así a chamada cociña en miniatura en máis de 50 restaurantes dos nosos restaurantes. Onde comer

Noite

Non experimentar a noite Ribadense é impensable. As súas rúas están cheas de terrazas, bares, pubs, que abren ata a madrugada. Lugares onde poderás tomar un viño e compartir charlas relaxadas entre os amigos, establecementos con actividades ao vivo que seguro farán a túa estanza máis animada e divertida, ou mesmo, poderás achegarte a locais máis modernos, con ambientes musicais diversos para todas as idades e gustos

Día 2

Mañá

Cetáreas

Se a primeira xornada da visita a empregache en coñecer o centro, o segundo día en Ribadeo pódelo destinar a descubrir o litoral e conseguir a "Credencial do Viaxeiro Ribadense". 

A primeira hora da mañá toma a rúa do Faro, e percorrendo ao teu paso a ruta de miradoiros e parte do litoral ribadense, dirixirte a Rinlo e as súas antigas cetarias.

Antes, e como parada obrigatoria, unha pequena visita á nosa "Pancha" Pancha é o nome que recibe a illa que alberga os faros, unha das máis famosas e pintoresca da zona

Xa en Rinlo un paseo polas súas estreitas rúas, "congostras" descubriranche un pequeno porto de orixe medieval creado nun dos poucos entrantes propicios para iso desta costa, un pequeno porto tradicional que conserva o seu típico encanto, produto dun urbanismo de rúas estreitas e de vivendas de mariñeiros.

Comida

Por suposto, non debes abandonar Rinlo sen probar o seu afamado arroz caldoso con lumbrigante, ou unha boa ración de percebes, collidos polas propias mariscadoras do pobo. Onde comer

Tarde

Costa de Ribadeo

Seguindo o teu percorrido polo litoral, a través da Ruta das Praias, irás atopando unha sucesión de entrantes, saíntes, praias recollidas e enseadas rochosas que converten a costa nunha das máis belas de Galicia.

Praias como a de Esteiro, IIlas ou Castros, famosas polos seus vistoso acantilados e area fina, son a mellor opción se queres darche un baño e tomar o sol antes de proseguir o teu camiño cara a  arquifamosa Praia de As catedrais. Esta última é sen dúbida o Monumento Natural de Ribadeo. Recoñecida como unha das praias máis bonitas de mundo, é un dos principais destinos turísticos de Galicia. 

A volta ao centro da vila toma a N-634, a ambos marxes desta estrada érguense de novo, verdadeiras xoias arquitectónicas construídas polos indianos enriquecidos na emigración americana.

Cear

Gastronomía en Ribadeo

Para a cea podes optar, ben por calquera dos restaurantes que irás atopando o longo da N_634, onde che servirán dende unha tenra carne á brasa, un bo chuletón de boi con pementos de piñeira, ata unhas típicas fabas con ameixas ou unha tradicional fabada asturiana.

Ou achegarte o centro e decantarte polos menús degustación que ofrecen algúns dos nosos restaurantes, experiencia gastronómica con garantía e produtos de proximidade. Onde comer

Noite

Ribadeo ofrece unha sorprendente programación cultural: música clásica, teatro, pop, rock concertos de pequeno formato; ou maxia, cuentacuentos, etc. Son os habituais dunha rica Axenda cultural da que poderás gozar todo o ano.

Día 3

Mañá

Ruta do Monte

Hoxe podes dedicar o día a descubrir a parte máis descoñecida de Ribadeo, o seu interior.Propoñémosche aparcar o coche e poñer as botas de montaña ou achegarte a oficina de turismo e alugar unha bicicleta.

Ben a pé, en bici ou a cabalo (rutas a cabalo a Madanela)podes facer calquera das nosas rutas de sendeirismo que atravesan o interior do Concello. Podes elixir a Ruta da Ría, ruta circular que parte de Ove e atravesa polos montes desa parroquia ofrecéndoche panorámicas da ría de Ribadeo espectaculares.

Ou decantarte pola Ruta do Monte ,esta discorre dende Ove ata Remourelle e ademais dos miradoiros de Santa Cruz, A Coroa e o Comado pasa pola inmediacións das mámoas de Rego de Mel.

Comer

Praias Ribadeo

Nesta ocasión recomendámosche a comida tradicional galega, esa que se cociña lentamente, de maneira sinxela e coa mellor materia prima, servirancha en calquera dos restaurantes tradicionais no interior de Ribadeo. Un bo caldo ou cocido galego, un saboroso lacón con grelos, callos a galega ou unha boa carne o “caldeiro”  axudaranche a repoñer forzas e continuar co teu percorrido polo interior ribadense.

Tarde

Santuario de Nosa Señora das Virtudes

Durante a última tarde en Ribadeo suxerímosche, sempre previo aviso, a visita a unha das mellores e máis marabillosas capelas do concello, o Santuario de Nosa Señora das Virtudes, atópase na Ponte, parroquia de Arante; e atesoura un rico patrimonio en pinturas murais tardo- medieval., así é popularmente coñecida coma a Capela Sixtina do Camiño de Santiago.

A escasos metros, un dos recantos máis descoñecido e mellor preservado do interior o Pozo Mouro ou Fervenza de Lexoso, un pequeno salto de auga rodeado de vexetación de ribeira

De camiño ao centro, espérante dúas sorpresas máis, a primeira o maxestoso Pazo de Cedofeita. Este, aínda hoxe, conserva tódalas características da típica vivenda fidalga dos séculos S.XVII e XVIII(visita exterior). A segunda as pegadas do encanto ,uns petróglifos podomorfos compostos por unhas 11 pegadas do “pé do encanto” e dúas cazoletas (previo aviso).

Cea

E como non podía ser doutra maneira, non te podes ir de Ribadeo sen probar unha boa mariscada a base de nécoras, centolas, percebes, camaróns, lagosta... ou as exóticas ostras cultivadas na ría (só en tempada). Onde comer

Compartir: