Facer

Suárez lamenta as reiteradas negativas, a pesar de que os proxectos son «impecables»

Ribadeo solicita á Xunta dúas escolas taller para contratar a 42 persoas

26-02-2016

As Catedrais

Ribadeo volverá tentalo por terceiro ano consecutivo, aínda que con poucas esperanzas a teor dos precedentes, e solicitará á Xunta subvencións para poñer en marcha dúas escolas taller. Un dos proxectos consiste en formar persoal ordenando e dixitalizando o extensísimo arquivo municipal. Constaría de dous módulos: arquiveiro e xestión documental e outro de técnico en dixitalización de documentos. Contaría con 16 alumnos que asinarían un contrato de formación e cobrarían o salario mínimo, un director, dous profesores e outro docente a media xornada.O Concello pide unha subvención de 141.000 euros para levar a cabo esta escola taller.

A outra escola taller tería un custo lixeiramente inferior (o Concello pide 136.000 euros), co mesmo número de alumnos e profesores, e formaría a profesionais turísticos, guías e técnicos en educación ambiental que se encargarían de crear e mellorar as rutas turísticas en Ribadeo. «Vos proxectos que presentamos todos vos anos son tecnicamente impecables, pero nunca nolos aproban, así que este ano ademais de presentar proxectos irreprochables teremos que invocar á sorte, a esa sorte que curiosamente se teñen outros concellos» Fernando Suárez

Fonte: La Voz de Galicia.

Compartir: