Ver

Casco histórico

Ribadeo antigo

As rúas do casco histórico, concentran gran parte dos edificios arquitectónicos que propiciaron a declaración deste espazo, en 2004, como Ben de Interese Cultural, coa categoría de conxunto histórico.

Nas súas fermosas rúas concéntranse unha mestura de conxuntos arquitectónicos entre os que se atopan casas populares de artesáns e mariñeiros xunto con outros edificios de maior rango que testemuñan o pasado florecente da vila (casas de indianos, casas de banca, vivendas de familias de armadores…).

Elementos históricos de Ribadeo

Entre os edificios e espazos máis singulares hai que mencionar a Aduana vella (XVIII), o castelo de San Damián (XVIII), o Cargadoiro (XX); e a praza do Campo ou España, centro neurálxico da vila, arredor da cal se alzan o elegante pazo neoclásico de Ibáñez, a cosmopolita Torre dos Moreno, o sobrio Convento de Santa Clara e a Igrexa Parroquial de Santa María del Campo cuxa orixe se remonta a un antigo convento franciscano do S. XIII.

Un dos rincóns máis singulares do casco antigo é o constituído no eixe definido polas rúas Vilafranca do Bierzo, San Roque e Clemente Martínez, ao longo do cal se aliñan importantes residencias burguesas de influenza indiana que datan de finais do século XIX e comezos do XX.

Pódese desfrutar desta contorna mediante algunhas das rutas propostas, coma a Ruta Urbana dos Indianos, que pasan por algúns dos puntos de máis interese do casco antigo da vila. 


O casco histórico de Ribadeo é unha zona ideal para pasar unha xornada de compras polos diferentes negocios da vila á vez que se pasea polas singulares rúas desta parte da vila. Ademais, tamén é unha magnífica opción para ir de tapeo e gozar da gastronomía de Ribadeo.

Elementos típicos de Ribadeo

Ligazóns

Compartir: