Comer

Gastronomía

Prato gastronómico de Ribadeo

Ribadeo destaca pola calidade dos seus establecementos turísticos e sobre todo dos seus restaurantes e locais de tapeo.

Son moitas as persoas que ven o noso concello como un lugar ideal para descansar e coñecer a Mariña lucense e Occidente asturiano.

A calidade dos produtos do noso mar e da nosa ría danlle ao viaxeiro a posibilidade de poder gozar dunha gran variedade de pratos en máis de 50 establecementos.

Prato gastronómico de Ribadeo

O polbo, as navallas, as luras da ría, o mero, o sargo ou a robaliza fan de cada degustación unha experiencia única.

Acompañados polas verduras e hortalizas da nosa horta están a converter a Ribadeo nun destino gastronómico de primeiro nivel.

Os empresarios do sector en colaboración co Concello de Ribadeo levan anos traballando na mellora da nosa oferta gastronómica, colaboración da que xorden produtos como os que indicamos a continuación.

Gastronomía para levar, a mellor forma de gozar de Galicia tamén fóra dela

Dentro do municipio poderás atopar diferentes tendas onde adquirir produtos gourmet da gastronomía galega, entre eles os galardoados con Denominación de Orixe e coa Indicación Xeográfica Protexida como os afamados viños galegos, augardentes e licores tradicionais, queixos, carnes ou produtos da horta.

Dentro da gastronomía local cabe facer fincapé nos afamados doces conventuais das Clarisas Ribadenses, en produtos como a Torta das Catedrais e nos tradicionais Chocolates Moreno que datan de principios do século pasado.

Moitos destes produtos tamén poderás buscalos na nosa praza de abastos e no Mercado dos Domingos dedicado aos produtos da horta que se celebra todos os domingos de xullo a setembro.

Ligazóns

Compartir: