Mar e terra. Unha volta as orixes.
SetembroXNatural
Un ano máis, Ribadeo contará cunha nova edición de SetembroXNatural, un programa de actividades relacionadas co noso medio ambiente.
Preténdese con el darlle ó verán un peche de ouro, aproveitando este mes de transición para ofrecer actividades formativas e de ocio atractivas para veciños e visitantes. As actividades, que terán lugar ó longo de todo o mes, van dirixidas a un público familiar, e inclúen dende concertos a visitas guiadas, pasando por danza e circo e conferencias. Todos estes eventos, cos que esperamos sorprender ó público asistente, serán anunciados nos próximos días por distintos medios.
Tamén rendemos unha homenaxe ás nosas orixes, adicando xornadas a recordar e divulgar algo que marcou os pasos do que hoxe é Ribadeo, unha vila comercial e turística que soubo sacar proveito dos seus recursos naturais. Así, dentro do SetembroXNatural destacamos as actividades incluídas dentro de Baños de Mar, que xiran arredor dalgún dos aproveitamentos máis importantes das augas mariñas que se fixeron no noso municipio.
O mar como fonte de saúde e de vida, como xerador de recursos, como fío da nosa historia e como orixe da nosa riqueza. O mar como protagonista e nós como actores responsables.
Baños de Mar recordará a figura das canouras, pioneiras do noso turismo, a través de conferencias e visitas guiadas sobre o poder curativo das augas e o uso que delas se facía na nosa vila. Complementarán estas xornadas diversos actos lúdicos e musicais e, como non, baños de mar colectivos.
Desfrutemos do noso setembro, do noso mar, da nosa terra e das actividades que, con moito respeto, coidado e agarimo, temos preparadas para o voso desfrute.
ACTIVIDADES
ACTIVIDADES
Domingo 1 _ Día da Bicicleta
Marte 3 _ XeoRuta dos Arcos
Xoves 5 _ XeoRuta da Ría
Sábado 7 _ La Galicia Americana
Sábado 14 _ X Edición Media Maratón As Catedrais
Domingo 15 _ Baños de Mar
19, 20 e 22 de setembro _ XeoRuta dos Arcos. Edición especial
Domingo 22 _ Festa do Pemento
Domingo 22_ Na praia, música a esgalla. Actividades para crianzas con MANOLO PANFORRETEIRO.
Domingo 29_ Heroican Ribadeo