Facer

Xeoruta dos Arcos

De Balde
* Tarifa con período de vixencia limitado
xeoruta

Con esta ruta xeolóxica poderase descubrir, paso a paso, o proceso que deu lugar aos arcos rochosos da praia das Catedrais, o maior conxunto de arcos rochosos da Península Ibérica. Mais tamén a explicación do por que se concentra un número tan importante deles nesta praia. Estamos ante un incrible Monumento Natural que representa unha das marabillas xeolóxicas máis salientables que temos en Galiza. Do mesmo xeito, este treito costeiro mostra moitos elementos xeomorfolóxicos (furnas, ollos, illotes, etc.) presentes na evolución destes cantís da Mariña.


Xeorutas

Días e horas da Xeoruta dos Arcos

Xullo

Sábado 6
9.45 a 10.45h
11.00 a 12.00h

Mércores 24
11.45 a 12.45h
13.00 a 14.00h


Agosto

Mércores 7
11.00 a 12.00h
12.15 a 13.15 h


Xoves 22
11.00 a 12.00h
12.15 a 13.15 h








IMPORTANTE!!!! A reserva de cada visita no se poderá realizar ata 7 días antes da mesma.

Duración: 45 min.

Distancia a pé: 1,5km.

Dificultade: baixa.

De balde /Grupo máximo: 20 persoas

Máis info e reservas:

•             No blog https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com/

Punto de encontro: Punto de Información Turística da Praia de As Catedrais. Coordenadas: 43.553569, -7.159227

*Recomendacións: levar roupa e calzado cómodos, pero adaptados ás condicións meteorolóxicas.

Compartir: