Visita guiada Ribadeo Ilustrado
Unha das épocas de maior auxe económico de Ribadeo prodúcese no século XVIII (século da Ilustración, das Luces). Neste momento o porto ribadense acada una posición de primeiro nivel entre os portos de todo o Cantábrico. Causa e efecto é o establecemento de destacados comerciantes na vila, que transforman a súa fisionomía coa construción de novas vivendas. Hoxe, consérvanse nas rúas do casco vello algúns exemplos destes pazos, que nalgúns casos, están singularizados polos miradoiros de cristal erguidos nos cumios dos tellados coñecidos como “Gurugús.
Elixe día e reserva a túa visita
Xullo
Sábado 20
Sábado 27
Agosto
Sábado 3
Sábado 10
Sábado 17
Sábado 24
Sábado 31
Punto de encontro: diante da Oficina de Turismo de Ribadeo
Duración: 1 h.
Dificultade: baixa.
Gratuíta /Grupo máximo: 20 persoas
Máis info e reservas: • Na sección de “MOMENTOS” na páxina web: turismo. ribadeo. gal