Premios

Axúdanos a escoller O PREMIO DO PÚBLICO e A MELLOR BARRA, co teu cartón poderás votar e ESCOLLER a tapa e o establecemento que máis che guste.

Premio “Tapa do Público” que será a tapa máis votada polos clientes. O premio do público será o que obteña a mellor puntuación media, resultante de dividir o total de votos obtidos entre o total de votos emitidos.

 Premio “A Mellor Barra” que será o máis valorado polos clientes e onde se valorará a ambientación do local, a profesionalidade no servizo (atención, rapidez, información sobre o concurso ), as instalacións ( conservación, orde, limpeza e adecuación), así como a experiencia global dos clientes.

RUTA 1

Percorre 8 establecementos da RUTA 1 e consigue polo menos 8 selos e participa no sorteo de:

-Unha cea para dúas persoas do “Menú Artesáns da Mariña Lucense” no LAR DE MANOLO por cortesía deste establecemento.

-Unha cea/comida para dúas persoas no Bar COSTA VERDE por cortesía deste establecemento.

-Un paquete de estética do centro médico estético COIDA DE Ti por cortesía deste establecemento.

RUTA 2

Percorre 8 establecementos da RUTA 2 e consigue polo menos 8 selos e participa no sorteo de:

-Unha cea para dúas persoas no GALIPIZZA por cortesía deste establecemento.

-Unha cea para dúas persoas do “Menú Artesáns da Mariña Lucense”no LAR DE MANOLO por cortesía deste establecemento.

-Unha tarta creativa por valor de 50 euros de DE BOCA EN BOCA por cortesía deste establecemento.

RUTA 3

Percorre 8 establecementos da ruta 3 e consigue polo menos 8 selos e participa no sorteo de:

-Un vale de compra de 100 euros na Praza, por cortesía da ASOCIACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS DE RIBADEO. 

-Unha comida tradicional para dúas persoas na TABERNA DE LOLA por cortesía deste establecemento.

- Unha cea para dúas persoas no GALIPIZZA por cortesía deste establecemento.

RUTA 4

Percorre 6 establecementos da ruta 4 e consigue polo menos 6 selos e participa no sorteo de:

-Un curso de surf de tres días para dúas persoas. Un agasallo da ESCOLA DE SURF DE HOLA OLA¡.

-Un menú para dúas persoas na QUINTA por cortesía deste establecemento.

-Unha cea para dúas persoas no GALIPIZZA por cortesía deste establecemento.

-Unha cea para dúas persoas no Restaurante Casa Pepe - O Piano por cortesía deste establecemento.

RUTA TAPEO 16

Percorre 4 establecementos de cada ruta e consigue polo menos 16 selos e participa no sorteo de:

-Unha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas na Ruta do VIÑO do Ribeiro, no establecemento PAZO CARBALLO en Ribadavia por cortesía deste establecemento.

-Unha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas na RUTA do VIÑO do Ribeiro, no establecemento AS CASIÑAS en Ribadavia por cortesía deste establecemento.

-Unha cea para dúas persoas do menú degustación no restaurante A MIRANDILLA por cortesía deste establecemento.   -Unha cea para dúas persoas no GALIPIZZA por cortesía deste establecemento

RUTA TAPEO EXPRESS

Se estás en Ribadeo de visita e pasas a noite nalgún dos hoteis asociados ao programa Soños Gastronómicos tamén poderás gañar unha noite de hotel en Ribadeo conseguindo polo menos 5 selos dos establecementos das rutas de tapas.
Despois deberás entrégalo no establecemento hostaleiro co seu selo.

Logos
Compartir:

© Oficina de Turismo de Ribadeo. Praza de España. 27700 Ribadeo (Lugo) // Teléfono: 982 12 86 89 // turismo@ribadeo.org