Escapada gastronómica

QUE É SOÑOS GASTRONÓMICOS?

Cartaz Soños Gastronómicos 2014

HOTEL + TAPAS + EXPERIENCIA NATURAL NAS CATEDRAIS

Buscas unha experiencia que te sorprenda, algo diferente, un espazo vivo a onde escapar. Entón estás a buscar Ribadeo.

Do 10 de maio ao 18 de maio acendemos os nosos fogóns coa IX Edición de Ribadeo de Tapeo.

Déixate querer pola nosa cociña co Ribadeo de Tapeo e saborea tamén a auténtica PRAIA DAS CATEDRAIS, unha das praias máis bonitas do mundo, goza das sensacións de penetrar polas rochas feitas arcos e cova, alí onde a erosión da auga cobrou vida propia.

Unha ocasión excepcional coñecer Ribadeo, un punto de encontro entre Asturias e Galicia, unha marabilla da natureza feita vida.

Recorda, do 10 ao 18 de maio, Ribadeo ofréceche unha sorpresa naturalmente gastronómica. Unha experiencia para as persoas amantes da boa mesa.

SOÑOS GASTRONÓMICOS OFERTA

  • 15% desconto nas pernoctacións.
  • Pack de información turística.
  • Agasallo gastronómico sorpresa.
  • Unha Experiencia VIVA na Praia das Catedrais. Un paseo xeolóxico polas Catedrais: unha viaxe no tempo  de 500 millóns de anos.
  • Actividades acuáticas no mar: Surf / Paddle Surf e Bautismo de Buceo. Organiza Escola de turismo activo Holaola e C.A.S. Costa Lugo.

Podes consultar as ofertas particulares e facer as túas reservas:




* Esta promoción está so dispoñible para as reservas realizadas baixo este programa e non será acumulable a outras promocións


Compartir:

© Oficina de Turismo de Ribadeo. Praza de España. 27700 Ribadeo (Lugo) // Teléfono: 982 12 86 89 // turismo@ribadeo.org