Escapada gastronómica

Soños Gastronómicos en Ribadeo

Soños Gastronómicos en Ribadeo

¡¡¡¡¡ RESERVA XA !!!!!

Ribadeo encende os seus fogóns coa VIII Edición de Ribadeo de Tapeo , que se celebrará entre os días 10 de maio ao 19 de mai . Ribadeo é unha cita gastronómica arredor da nosa cultura, con bocados saborosos realizados cos mellores produtos e da mán dos nosos profesionais locais.
Unha ocasión para degustar produtos da zona, longueiróns, ourizos e nosos sobresaíntes produtos da horta, para compartir con boa compañía e preparada especialmente para as persoas amantes da boa cociña, e en particular das tapas.

Non importa se non vives nesta magnífica vila, sempre podes aloxarte nalgúns dos nosos establecementos , temos un programa pensado para tí SOÑOS GASTRONÓMICOS , cun prezo económico e o mellor servizo posible.
Aproveita para coñecer este rincón de Galicia, unha marabilla da natureza, goza dos verdadeiros piares da natureza “A Praia da Catedarias”, dos concertos, teatro e outras actividades gastronómicas paralelas, pero sobre todo degusta da nosa cociña en miniatura.
Os nosos aloxamentos en Ribadeo ofrecen este ano unha ESCAPADA GASTRONÓMICA a aquelas persoas que desexen achegar os nosos “SOÑOS GASTRONÓMICOS” .

Recorda, entre o 10 e 19 de maiom, Ribadeo ofréceche unha sorpresa gastronómica e vive o encanto natural de Ribadeo . Unha escapada gastronómica para aquelas persoas que desexen achegarse a vivir os nosos “SOÑOS GASTRONÓMICOS “ Achégate e catar as tapas da ruta express , un tour gastronómico pola nosa cociña¡¡

Soños gastronómicos inclúe:

  • 15 % de descontó nas pernotacións.
  • Un agasallo gastronómico sorpresa
  • Sorteo dunha noite de hotel en Ribadeo participando na ruta de tapeo Express
  • Visita guíada gratuita a Praia das Catedrais,os días 11 e 12 de maio ás 12:00h e 17 e 18 de maio ás 17:00h . Ate chegar ao cupo.
  • Visita guíada gratuita pola vila de Ribadeo : COÑECE RIBADEO, UN PASEO POLA NOSA HISTORIA, ás 19:30h. Ate chegar ao cupo.

Podes consultar as ofertas particulares e facer a túa reservas en:

Compartir:

© Oficina de Turismo de Ribadeo. Praza de España. 27700 Ribadeo (Lugo) // Teléfono: 982 12 86 89 // turismo@ribadeo.org