Concurso microvideo Ribadeo de tapeo

A Plataforma SONDA NORTE en colaboración co Concello de Ribadeo e do Hotel – Restaurante El Voar, pon en marcha o primeiro concurso de microvídeos do Ribadeo de Tapeo 2013.

Participantes

O concurso está aberto a todas as persoas que desexen participar.

Os participantes enviarán os seus traballos ao correo electrónico sondanorte@ribadeo.org indicando os seus datos persoais completos, ( nome e apelidos e número de teléfono).

Cada participante só poderá enviar ata tres vídeos e cederá os dereitos do mesmo a Sonda Norte para a súa publicación.

Os participantes garantizan que é o único autor do vídeo e titular de todos os dereitos de autor. Así mesmo, será responsabilidade déste recabar a autorización das persoas que podan aparecer no vídeo , asumindo toda reclamación por dereitos de imaxe.

Requisitos do microvideo

  • O video terá unha duración de entre 20 e 60 segundos.
  • A temática a desenvolver deberá versar sobre a VIII Edición de RIBADEO DE TAPEO.
  • O video poderá ser gravado co teléfono móbil, con cámaras de fotos ou video.
  • O video terá que ser inédito e non poderá estar colgado en ningún sitio.
O prazo para a súa entrega será entre os días 10 de maio e 18 de maio ás 00:00

Premios e xurado

  • Só poderá haber un premio por participante.
  • O xurado estará composto pola coordinadora de Sonda Norte.
  • Haberá un premio do público e que corresponderá ao terceiro premio
  • Haberá 1eiro, 2ndo, e 3eiro premio: Os dous premios serán seleccionados polo xurado composto pola coordinadora de Sonda Norte, e o terceiro será escollido polo público a través da súa participación nas redes sociais

Tipos de premio

  • Primeiro premio: 1 comida/cea no Hotel-Restaurante El Voar.
  • Segundo premio: 1 comida/cea no Hotel Restaurante El Voar.
  • Terceiro premio: 1 lote de produtos locais.

Desenvolvemento do concurso

A plataforma Sonda Norte revisará os videos por se conteñen imaxes obscenas, de violencia ou calqueira otura cousa que crean que non se debe publicar descalidficando o video para o concurso.
Os videos de moi baixa calidade ou que non sexan lexibles poderán ser descartados.
Os videos recibidos serán enviados ao correo electrónico sondanorte@ribadeo.org serán publicados sempre na rede social de Facebook de Sonda Norte.

Tamén poderán ser publicados nas redes sociais de Ribadeo de Tapeo e ADL Ribadeo.

O video con máis “me gusta” os sábado 18 de maio ás 00:00 gañará o premio do público.
A participación no concurso supón a aceptación das bases

Para máis información:

Compartir:

© Oficina de Turismo de Ribadeo. Praza de España. 27700 Ribadeo (Lugo) // Teléfono: 982 12 86 89 // turismo@ribadeo.org