Presentación

Cartaz Riabdeo de Tapeo

Este ano a cita coa cociña en doses pequenas fai oito anos.

Nacera ,dun xeito pioneiro na comarca, para pór en valor o traballo das mulleres e homes do campo e do mar que fan posible que cheguen a nós os alimentos, e  tamén para realzar o labor dos cociñeiros e cociñeiras que nolos presentan o mellor que saben.

Defendendo estes percorridos económicos de “distancias curtas” tentamos defender tamén a economía máis próxima e con ela o noso desenvolvemento sostible. Non é pouca cousa.

A maiores, o RIBADEO DE TAPEO, fainos percorrer a vila e as parroquias na procura do  bocado saboroso, fainos estar coas persoas amigas e favorece o saúdo cordial coa veciñanza. Se o tempo acompaña…o plan é perfecto.

O RIBADEO DE TAPEO
, diciámolo hai anos, é  “o valor do pequeno”.
E nesta ansia seguimos.
¡Benvid@s e bo proveito¡

Ana María Martínez Fernández

Concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo




Compartir:

© Oficina de Turismo de Ribadeo. Praza de España. 27700 Ribadeo (Lugo) // Teléfono: 982 12 86 89 // turismo@ribadeo.org