Facer

PLAN DE APOIO Á COMERCIALIZACIÓN DE EMPRESAS TURÍSTICAS 2015 DO CONCELLO DE RIBADEO

20-12-2014

Dende a Concellería de Turismo e Desenvolvemento Local somos conscientes das dificultades que o sector turístico, público-privado, afronta cada día á hora de comercializar o seu produto nun ambiente cada vez máis competitivo, agresivo e dinámico.

Polo tanto, faise palpable a necesidade, no ámbito do turismo,de apoiar o desenvolvemento e fomento do sector, co obxectivo de integrar, aos axentes implicados, na creación de produtos turísticos e na súa promoción e comercialización a través de feiras especializadas e outras canles de comercialización online e offline; e dicir, os usuarios deste servizo, deben dominar conceptos básicos coma o de “produto turístico” e coñecer a metodoloxía para a creación, promoción e comercialización do mesmo.

É por todo isto que dende a Concellería de Turismo e desenvolvemento Local decidimos promover un Plan de Apoio á Comercialización de Empresas Turísticas 2014/15. Un plan de apoio que sirva para acadar entre todos unha imaxe atractiva, moderna e activa de Ribadeo,unha imaxe diferenciada e valorizada coa finalidade de proxectala ao exterior.

O Plan de apoio á comercialización de empresas Turísticas 2014/1515 engloba as seguintes medidas:

  1. Visita individual a cada empresa adherida ao proxecto e avaliación mediante fichas técnicas onde se plasme as características e singularidades de cada establecemento, inquietudes do empresario e necesidades concretas de mellora na comercialización.
  2. Análise dos datos obtidos no estudo previo e envío da información procesada aos responsables do Concello de Ribadeo en materia de Turismo.
  3. Asesoramento a cada empresa sobre os axentes profesionais aos que debe dirixirse nas Feiras 2015.
  4. Axuda e mentorización no proceso de contacto cos devanditos axentes profesionais: preparación de mailings, chamadas telefónica...
  5. Revisión das súas ferramentas publicitarias e marketinianas: tarxetas de visitas, páxinas web, redes sociais, folletos comerciales,…profundo do seu material online e offline.
  6. Tutelaxe na selección das empresas ás que os hostaleiros van dirixirse co fin último de comercializar o seu produto.
  7. Organización da estruturas das Axendas de Feiras 2015 de cada establecemento hostaleiro.
  8. Desenvolvemento de reunións conxuntas periódicas entre a empresa consultora, o Concello de Ribadeo e os establecementos participantes no Plan para un posta en escena común do produto Ribadeo como referente turístico.
  9. Acompañamento nalgunhas das reunións que os establecementos teñan axendado cos profesionais das Feiras, axudando na negociación de acordos comerciais.
  10. Avaliación posterior dos eventos e seguimento activo das relacións establecidas nas Feiras, así como axudas nas negociacións e revisións contractuais.
Así con todo isto dende a Concellería turismo e desenvolvemento local de Ribadeo búscase abrir novas posibilidades para a desestacionalización do noso sector turístico abrindo novos michos de mercado e dándolle un valor engadido a nosa imaxe conxunta do destino Ribadeo.

Para a participación neste proxecto dende a Oficina de Turismo enviouse unha comunicación individual víamail aos axentes turísticos, de todas dormasqueremos recordar que si algún establecemento aínda estivese  interesado en participar pode poñerse en contacto coa técnica de turismo no teléfono: 982 128 689 ou no correo electrónico turismo@ribadeo.org

Compartir: