Facer

ECONADAL decembro 2014

20-12-2014

Este ano dende a Concellería de Turismo e Desenvolvemento local propoñémosvos desfrutar destas datas, dunha maneira diferente, alternativa e respectuosa, co fin de fomentar o amor pola natureza, a través do noso programa ECONADAL decembro 2014.

O ECONADAL decembro 2014 trátase de unha serie de actividades encamiñadas a privilexiar a sostibilidade, a preservación e a apreciación e interpretación do medio que nos rodea.

As actividades son dúas:

  • A primeira vai celebrar o sábado 27,  titulase “Os segredos das Catedrais máis descoñecidas” e trátase dun roteiro guiado e interpretado das unidades ambientais do ZEC “As Catedrais” na súa parte máis descoñecida, e coas súas especies máis emblemáticas.

    O punto de partida é ás 11:34h da estación do FEVE de Ribadeo para coller o tres cara a Rinloonde comezaremos o roteiro dirección Ribadeo. A duración aproximada é de 3 horas.
  • A segunda será o domingo 28, “BioBlitz de inverno Ría de Ribadeo – As Catedrais” e consiste nunha prospección biolóxica intensiva dos dous “hotspot” ornitolóxicos ribadenses, a Ría de Ribadeo e “As Catedrais”. Durante a cal tamén se rastrexarán os mamíferos e a flora máis característica do lugar.

    O punto de partida é ás 10.00h da estación de autobuses onde se collerá un microbús para facer o roteiro. A duración aproximada é de 4 horas.
En definitiva do que se trata e de gozar dos espazos naturais máis valiosos de Ribadeo polo seu fermoso patrimonio natural e aproveitar o máximo a visita a vez que conservamos os valores ecolóxicos e paisaxísticos.

Animámosvos a que participedes destas actividades dirixidas a profundizar no coñecemento dos nosos espazos naturais ”bandeira” .

As actividades estarán dirixidas a tódolos públicos , son de balde e con prazas limitadas polo tanto é preciso reservar.

Para máis información e reserva chamar a oficina de turismo de Ribadeo ao tlf: 982 128 689.

Compartir: