Facer

CAMPAÑA PROMOCINAL “ESTAMOS LISTOS”

28-07-2020

A área de Turismo e desenvolvemento local do Concello de Ribadeo lanza hoxe unha nova campaña publicitaria baixo o lema “Estamos Listos” que se apoiará en varios soportes promocionais. Neste caso, o primeiro paso será a proxección dun vídeo, co que se quere deixar claro que este Concello mariñán está de novo listo para recibir visitantes, aínda que realmente nunca deixou de estalo.


Neste primeiro vídeo utilízanse de maneira simbólica e como escenario as impresionantes formacións rochosas da praia de As Catedrais, neste senso, cabe recordar que o nome orixinal deste coñecido e internacional areal é o de “Praia de Augasantas” en referencia ás propiedades curativas das súas augas, ás que acudían, case como un ritual pagán numerosas persoas para tomar os baños con finalidade depurativa e curativa, pois estas augas posúen propiedades rexeneradoras.

Esta é a primeira das accións programadas no marco da iniciativa coa que a entidade busca promocionar este destino. Ao longo das seguintes semanas, este vídeo acompañarase de outros nos que os protagonistas serán os propios empresarios e empresarias do sector turístico e comercial, adoptando o papel de anfitrións do seu pobo. Eles e elas encherannos de motivos para visitar e voltar a Ribadeo, así como consumir en clave local.

Dende a Concellería de Turismo e Desenvolvemento Local somos conscientes das dificultades que o sector turístico- comercial, público - privado, afronta nesta nova era POSCOVID.
Ante estas novas complicacións que está a experimentar a hostalería e o pequeno comercio, sectores fundamentais no tecido socioeconómico do noso concello, esta área decidiu poñer en marcha esta nova campaña publicitaria co slogan “estamos listos”.

A campaña, que inclúe cartelería, mensaxes en redes sociais con vídeos, publicacións en prensa rexional e cuñas en diferentes emisoras, prolongarase ata finais de verán. O Concello manifestou publicamente o seu agradecemento a todos/as os/as participantes con especial mención aos establecementos

Compartir: