Facer

O PÚBLICO ELIXIRÁ TAMÉN A SÚA TAPA E A MELLOR BARRA

Gañadores XIV Ribadeo de Tapeo

21-05-2019

Gañadores XIV Ribadeo de Tapeo

Un total de 11 tapas, das 45 que participaron no XIV Ribadeo de Tapeo, se presentaron a concurso. O xurado profesional deu a coñecer a súa decisión hai uns minutos.

O primeiro premio desta edición foi para El Oviedo con "Rillete de raia e botarga, licuado de chícaros, tubérculos e oblea de castañas", o segundo premio correspondeulle a O Piano con "O que quedou do Calafete" e o terceiro premio recaeu no Marinero con "Días de feira".

O premio á tapa de Ribadeo foi para Texturas Galegas con "Lareira do mar".

O xurado do XIV Ribadeo de Tapeo estivo composto por Bruno Lombán do restaurante Quince Nudos, de Ribadesella, vinculado familiarmente con Ribadeo; Álvaro Villasante, chef do restaurante Paprika de Lugo; Maricha Bermúdez, alma máter do restaurante La Taberna de Rotilio, de Sanxenxo; Toñi Vicente, unha muller referente na cociña galega e unha das primeiras estrelas Michelín e dous profesionais da hostalería, que levan varios anos colaborando co Ribadeo de Tapeo: Miguel Ángel Sánchez e Ana Martínez. 

Pendentes quedan as mellores tapa e barra que elixe o público que acudiu ao Ribadeo de Tapeo. Ese resultado será escrutado en base ás diferentes urnas que se foron deixando nos bares e onde os participantes foron depositando o seu voto para decidir cal é mellor tapa e a barra que máis gustou pola súa decoración.

Compartir: