Facer

XIII edición do "Ribadeo de Tapeo" que dará comezo na tarde noite do 11 de maio e continuará ata o día 20 do mesmo mes.

XIII Edición Ribadeo de Tapeo.

17-03-2018

XIII Edición Ribadeo de Tapeo.

Un ano máis o Concello de Ribadeo abre o prazo de inscrición para a XIII edición do "Ribadeo de Tapeo" que dará comezo na tarde noite do 11 de maio e continuará ata o día 20 do mesmo mes.

Este Concurso Gastronómico “Ribadeo de Tapeo” é un dos grandes atractivos da programación e pretende ser un revulsivo para a economía ribadense, que ano tras año ven colleitando cada vez más éxito tanto entre el público cómo entre seus máximos protagonistas, que son los profesionais dos establecementos da hostalería ribadense".

Esta cita é un dos nosos mellores escaparates gastronómicos, un espazo onde compartir novas ideas e propostas desta cocina en miniatura, un espazo onde fomentar a nosa cultura da tapa, tan típica de Ribadeo.

Este ano, ao igual que o anterior, contamos con dous FORMATOS DE SELECCIÓN. Por unha banda, os PREMIOS DO XURADO PROFESIONAL, podendo concurrir aqueles establecementos que así o desexen. Para os que voluntariamente se presenten aos premios do Xurado, a organización convoca aos participantes a mostrar nun único local a tapa presentada de cara a facilitar a labor do xurado e unificar criterios. Para esta selección celebrarase un evento que terá lugar o luns 21 de maio, cun xurado profesional formado por cociñeiros/as e expertos/as gastronómicos de renome e que será  retransmitido en directo a través das redes. 

Por outro lado, os PREMIOS DO PÚBLICO a estes premios concorrerán todos os estabelecementos inscritos no Concurso. Para OS GAÑADORES do certame, que concorran tanto aos premios do xurado coma do público, haberá agasallos especiais, así, recibirán publicidade gratuíta ata a próxima edición 2019, onde se indicará que as súas tapas foron premiadas na XIII Edición do Ribadeo de Tapeo. Esta medida servirá para premiar o esforzo, iniciativa e profesionalidade dos nosos hostaleiros.

O prezo da tapa mantense nun 1,50 euros por petisco, sendo este un factor engadido para incentivar a calidade e a creatividade das propostas culinarias.

De novo, volveremos a contar cos Cantos de Taberna que terán lugar o venres 11 de maio e como en anos anteriores a celebración do concurso darase a coñecer a través da web http://turismo.ribadeo.gal/tapeo e nas distintas plataformas app para móbiles, redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) e crearase un Hashtag #Ribadeodetapeo18 para a “difusión”, a través das redes sociais do concurso, tapas e establecementos participantes.  

Compartir: