Facer

O grupo de teatro e a Garda Civil participarán na película e o Náutico préstalles un veleiro

Unha produtora portuguesa gravará un filme nas Catedrais e en Ribadeo

30-12-2016

nas Catedrais

A produtora portuguesa LightBox, con sede en Porto, está a ultimar a obtención de todos os permisos necesarios para rodar, a mediados de xaneiro, unha película, tanto na area, como nos aparcadoiros e no viario de acceso ao monumento natural das Catedrais.

A rodaxe do filme achegará riqueza á localidade, xa que as 40 persoas que conforman o cadro de persoal principal hospedaranse no Hotel Voar e comerán, durante case unha semana, en restaurantes da zona, incluíndo algúns servizos hostaleiros de cátering.

A gravación non só supoñerá unha promoción de primeira orde para Ribadeo e o seu principal recurso turístico, o de Augas Santas, senón que ademais fai partícipes a numerosos lucenses e aos propios veciños.

Fuente: El Progreso.

Compartir: