Facer

A Xunta destaca que o número de visitantes segue medrando e incrementouse un 25%

Un total de 247.770 persoas sacaron entrada para visitar a praia das Catedrais

08-10-2016

Un total de 247.770 personas sacaron entrada para visitar la playa de As Catedrais, en Ribadeo, desde el 1 de julio al 30 de septiembre,

Catedrais

Baile de cifras
Segundo os datos presentados onte, os visitantes nas Catedrais incrementáronse nun 25% respecto ao pasado verán. O informe da Xunta de onte di que o verán pasado entraron 197.801 persoas nas Catedrais, fronte ás 247.770 do estío actual.



Con todo, hai un ano a Xunta asegurou que foran 235.037 as persoas que baixaron á praia co sistema de pases da Xunta. En calquera caso, o significativo é que As Catedrais mantén e acentúa o seu tirón.   Esgotados os pases 29 días A directora xeral de Conservación dá Natureza explicou que o pasado mes de xullo o monumento natural das Catedrais tivo 81.903 visitantes, 116.885 en agosto e 48.982 en setembro. O tope de 4.812 visitantes alcanzouse en 29 días (tres no mes de xullo e 26 en agosto).

Na súa nota de onte a Xunta di que o ano pasado foron só 5 os días nos que se esgotaron os pases, cando hai un ano afirmou que foran 14, e todos en agosto. Nisto a información tampouco coincide.

Respecto da procedencia dos visitantes, Ana María Díaz López explicou que a maioría proceden doutras comunidades autónomas, con Madrid á cabeza, seguida das provincias de Barcelona, Valencia, Asturias, Sevilla, León e Biscaia.

O número de visitantes estranxeiros duplicouse respecto ao pasado verán, pasando de 7.184 a 18.356.

Outro dato relevante é o das visitas guiadas gratuítas. En total, participaron 15.644 persoas, sendo o mes de agosto cando houbo máis participantes.

«Á vista dous datos rexistrados na tempada de 2016 podar reafirmar que ou sistema de regularización de acceso posto en marcha ou 1 de xullo responde ou obxectivo de conservar ou espazo protexido ordenando ou acceso, dado ou importante impacto que estaba a supoñer unha afluencia masiva de visitantes de forma desordenada e moi concentrada non tempo», sinalou Ana María Díaz.

O obxectivo do Concello: implantar un modelo de xestión similar a Stonehenge

O Concello de Ribadeo está a tramitar o seu propio plan especial de protección e xestión das Catedrais, que abarcaría unha superficie moi superior á actual da Xunta. O proxecto atópase en fase de informes previos e a Xunta xa formulou algunhas propostas. De todos os xeitos, está nunha fase moi incipiente e de momento non se expuxo ao público, aínda que ao parecer este paso é inminente.

O obxectivo último de Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo, é implantar un modelo de xestión con similitudes ao que se aplica en Stonehenge. De feito, Suárez viaxou a ver persoalmente o monumento megalítico británico e regresou máis convencido se cabe da súa eficacia.  

O proxecto

Este proxecto pasaría por facer unha entrada a unha certa distancia, a uns 600 ou 700 metros, á altura da actual rotonda. De alí poderíase ir á praia ben a pé ou en lanzadeiras tipo autobús. No percorrido ata o areal, os visitantes atoparíanse con diferentes servizos, postos de información, etcétera.

A entrada sería gratuíta, pero crearíanse zonas de aparcadoiro de pago. Esta sería unha das claves para que Ribadeo rendibilizase en maior medida As Catedrais, xa que por aparcar si se cobraría, pero o diñeiro devolveríase despois coas compras ou consumicións que se fixesen en Ribadeo.

Tamén se trataría de implicar a Feve, coa construción dun apeadeiro próximo á praia, que xa reclamou en reiteradas ocasións, sen éxito, o goberno municipal.

Compartir: