Facer

Os alemáns son os máis asiduos, mentres que entre os españois sobresaen os madrileños e os galegos

O número de turistas estranxeiros que chega a Ribadeo sobe ata case un 30%

16-06-2016

turistas estranxeiros

O turismo internacional afiánzase cada vez máis en Ribadeo ata o punto de estar a experimentar un crecemento exponencial que está a sorprender mesmo aos propios responsables deste departamento no Concello ribadense. Só no mes de maio a porcentaxe de turistas chegados doutros países subiu ata case o 30% do total.

De forma absoluta, o número de turistas que pasaron pola oficina de información municipal en maio foi de 1.557, dos que 1.145 procedían de distintas comunidades autónomas españolas e 412 chegaron de países estranxeiros.

De entre eses países, hai unha clara preponderancia dos alemáns, que foron 89 no mes pasado. Os seguintes países que máis visitantes achegaron a Ribadeo en maio foron Francia, con 65, e Holanda, con 55.

Compartir: