A Ponte dos Santos
Punto de unión entre Asturias e Galicia.

A ponte dos Santos esténdese durante 612m sobre ría de Ribadeo dende 1987, ano no que foi construída, para servir de vía de conexión entre as dúas comunidades autónomas. A súa construción supuxo una auténtica transformación e impulso para a actividade económica, comercial e turística da zona.
Trala súa reforma en 2008 para acoller o paso da autovía do Cantábrico A-8, a ponte consta de catro calzadas e dúas beirrarrúas, desde as que os camiñantes poden contemplar as fermosas vistas da ría.
A construción deste tramo de autovía fixo de Ribadeo un punto de tránsito e tamén de parada atractivo para os viaxeiros que cruzan pola costa entre Asturias e Galicia.
A ponte dos Santos recibe este nome pola súa proximidade a dúas capelas da vila de Ribadeo, a capela de San Román en Figueiras e a de San Miguel en Ribadeo, sitas en extremos opostos da ría.