Ver

Ascensor panorámico

Ascensor panorámico

O ascensor panorámico conecta o peirao co casco histórico, salvando un desnivel duns 21 metros, comunicando o miradoiro da Atalaya co paseo do porto e revalorizando a zona de Porcillán.

O ascensor, construído en aceiro e cristal e premiado polo seu orixinal deseño, ten capacidade para 16 persoas.

Dende a súa cabina pódense gozar, a medida que sobe, de imaxes da ría a xeito de fotografías enmarcadas a través dos ocos.

Unha singular experiencia da que se pode gozar en moi poucos lugares, e unha magnífica alternativa para os amantes da fotografía, que poderán tomar imaxes panorámicas da ría e da vila de Ribadeo.

Ligazóns

Compartir: