Ver

Costa e praia

Praia da Illas

As praias de Ribadeo xunto coa súa costa son uns dos principais atractivos deste municipio.

Cada unha delas ten a súa personalidade: as Catedrais é a máis coñecida, Esteiro e Illas as máis familiares, Os Castros a máis ampla e surfeira das praias, e a máis abrigadiña, a praia de Rochas Branca, e gozan todas elas de bos servizos para os bañistas.

Praias As Illas e As Catedrais

Na costa desenvolveron formacións xeomorfolóxicas de gran beleza.

Dende a Illa Pancha, no leste, ata o límite co municipio de Barreiros, no oeste, o litoral Ribadense convértese nunha senfín de entrantes e salientes.

Entre os primeiros predominan as praias recollidas, como as de Rochas Brancas, Xuncos, As Illas, Os Castros, e Esteiro, ou pequenas enseadas rochosas como A Insua, Arnela, loureiro, Coedo, Areosa, Cegoñas, ou Cabalar, en ocasións cubertas de coidales_ cantos rodados- que poden pasar desapercibidas se o visitante non se achega o suficiente ao bordo do mar.

Cetáreas en Rinlo

Entre os segundos destacan numerosos saíntes, auténticos aguillóns que se incrustan no mar coma o Penedo da Insúa, Penedo do Corvo, Punta Corveira,…

Pero sobresaíndo sobre todas elas e como exemplo único,atópase a praia de Augassantas, popularmente coñecida como Praia de As Catedrais.

Praia Os Bloques

Así mesmo, as características ecolóxicas da franxa costeira deron lugar ao establecemento dunha flora e fauna propias deste tipo de medio, de notable interese cara a súa conservación.

Flanqueando a costa estírase a chamada rasa costeira, “Rasa cantábrica”, unha ampla superficie aplanada. Considerada de orixe mariña, a rasa converteuse a través dos séculos na área de maior ocupación humana. Sobre ela aséntanse as principais localidades do municipio.

Para achegarse ás praias de Ribadeo non hai porque usar o vehículo particular, pois están dispoñibles diversos servizos para poder aparcar na vila e achegarse a estes e outros lugares, coma o bus circular, bicicletas de aluger, os taxis turísticos ou os apeadoiros de FEVE, sobre os que se dispón de máis información no apartado"Moverse en Ribadeo".


Ligazóns

Compartir: