Ver

O legado Indiano

Barrio Indiano

Nas derradeiras décadas do século XIX e as primeiras do XX, Ribadeo viviu unha época de auxe económico, social e urbanístico.

A bonanza debeuse en boa medida ao retorno dos emigrantes de América: Os Indianos.

Estes investiron en empresas industriais e comerciais e foron mecenas de diversas iniciativas socioculturais, contribuíndo decisivamente á modernización das estruturas e equipamentos do concello.

Barrio Indiano

Cando os primeiros emigrantes comezaron a regresar contra 1870, levantaron nos seus lugares de orixe vivendas dun estilo moi diverso aínda que inconfundible. Os indianos trouxeron unha arquitectura cosmopolita que se inseriu de forma rechamante entre as casas tradicionais, para simbolizar o triunfo e o éxito conseguido fóra.

As súas son vivendas cómodas, amplas, abertas o exterior, con novas formas e materiais que falan de riqueza, sofisticación e formas de vida urbanas, con elegantes adornos nas fachadas, xardíns exuberantes e con reminiscencias tropicais, onde non faltan palmeiras, magnolios, camelias e valos de forxa que substitúen os vellos muros e portalóns.

Barrio Indiano

Hoxe Ribadeo conta cun importantísimo legado indiano que vai dende máis de medio cento de casas e múltiples escolas ata un cemiterio, unha praza para o mercado, unha traída de augas e a Granxa Escola Agrícola Pedro Murias.

Ligazóns

Compartir: