Facer

De noite

Ribadeo de noite

Ribadeo, é un lugar dinámico e con moita vida. É un destino moi popular para a xente da zona durante a fin de semana e defínese como un lugar, cheo de terrazas, restaurantes, bares, pubs.... que abren ate a madrugada.

Se estás pensando en achegarte a Ribadeo poderás gozar dun bo ambiente e do bulicio nocturno. Aquí todo está cerca, non terás que moverte moito nin precisarás o coche para poder coñecer a noite.

Temos dúas zonas, unha o casco histórico - no centro de Ribadeo - un lugar moi animado , con terrazas e espazos exteriores que habitan as rúas, sitios onde poderás tomar un viño e compartir charlas relaxadas entre os amigos.

Outra, é a coñecida como a parte nova de ocio nocturno ubicada na Zona de San Roque , Rúa Villalba e Avda. de Galicia e que agocha locais máis modernos, con ambientes musicais diversos para todas as idades e gustos.

En Ribadeo tamén se poderá atopar establecementos con actividades ao vivo que seguro farán a túa estancia máis animada e divertida.

Se o que buscas en Ribadeo é ocio e lecer, isto está garantido.

Compartir: