Facer

Porto deportivo

Porto deportivo

Se hai un sitio en Ribadeo ideal para o lecer de maiores,mozos, cativos, ribadenses ou estranxeiros, este é o posto deportivo de Porcillán.

Porcillán, situase nun enclave privilexiado, a ría de Ribadeo, e é un lugar ideal para a práctica de todo tipo de deportes náuticos e subacuáticos. Conta cunha contorna natural espectacular e unha infraestrutura moi completa.  Así, é posible alugar embarcacións e amarres, dar paseos nunha lancha de pasaxe, e practicar deportes como: windsurf, kitesurf, surf, submarinismo, vela latina e lixeira, esquí náutico e kayak. Todo isto, xunto co seu paseo marítimo, e os seus fantásticos restaurantes son algúns dos seus moitos atractivos.

Xestionado polo Real Club Náutico de Ribadeo, hoxe en día conta con 900 socios e dispón de 641 amarres, dos cales 28 son reservados para tránsitos. Son moitos os servizos que este club ofrece e múltiples as  actividades  que organiza dentro das súas diferentes seccións (vela, actividades subacuáticas e pesca deportiva.) 

Un dos seus clásicos é a “Semana Náutica”, organiza no mes de agosto,  durante a mesma realízanse regatas a vela, concursos de mergullo, concursos de pesca e actividades destinadas a todo o público en xeral.

De este modo, nos últimos anos se converteuse nunha das áreas destinadas ao lecer deportivo de Ribadeo.

Compartir: