Facer

Camiño Norte de Santiago

Ponte de Ribadeo



Peregrino en Ribadeo

Ribadeo é porta de entrada a Galicia do Camiño do Norte un camiño de comercio, cultura e peregrinación que conduce a Santiago de Compostela polo norte.  

O traxecto, duns16 km, iníciase na vila de Ribadeo coa subida dende o porto de Porcillán ata a praza de España. Era no peirao de Porcillán onde as barcas que cruzaban a ría deixaban aos viaxeiros.  

Dende alí segue pola rúa de San Francisco cara a capela de San Lázaro e continúa despois con dirección a Ove. Nesta parroquia o camiño ascende cara a Vilela, pasando por Pastoriza, para despois atravesar o río Pequeno e ascender cara a Covelas. De alí xa se baixa cara á Ponte (Arante). Onde o peregrino pode gozar do Santuario da Nosa Señora das Virtudes. A partir dese punto o camiño adéntrase xa no concello de Barreiros.    

O Concello de Ribadeo conta con 5 albergues.

Consulta a nosa páxina web de https://caminodesantiago.ribadeo.gal e obtendrás toda a información para preparar o teu Camino.

Ribadeo elaborou un catálogo de produtos e servizos de interese para o peregrino.

En todos os recunchos atoparás unha tenda ou establecemento que define a vida diaria da poboación local e o seu dinamismo comercial.O comercio local destaca pola súa calidade e diversidade cun horario longo, flexible e adaptado ás necesidades dos peregrinos.

Aquí atoparás todo o necesario para planificar e iniciar a ruta (tendas de deportes, adquisición de credenciais, guías do camiño en Galicia, etc.); ou ben facer unha pequena parada no camiño e relaxarse gozando dunha ampla oferta de servizos (farmacias, clínicas podolóxicas, centros de fisioterapia, lavanderías, talleres de reparación de bicicletas) complementados por unha gastronomía local de calidade.Ademais, Ribadeo conta cun albergue de peregrinos de titularidade pública que permanece aberto durante todo o ano, así como albergues de titularidade privada que, xunto coa importante infraestrutura de aloxamento existente, ofrecen aos peregrinos numerosas alternativas ao seu paso pola vila.

Ligazóns

Descargas

Compartir: