Facer

Ruta Ría de Ribadeo

Panorámica da Ría
Ría de Ribadeo

Trátase dunha ruta circular que parte desde Ove e circula polos montes máis próximos á ría de Ribadeo, ao sur da vila.

No propio punto de partida son de destacar os espectaculares cabazos voados sobre a estrada, así como a igrexa parroquial.

Ao inicio da ruta, pásase ao lado do muíño da Ignacia, sobre o rego de Ramos, recentemente rehabilitado polo concello para mostrar o seu funcionamento tanto para moer o gran como para producir electricidade para a súa iluminación.

Unha vez na zona de Vilar pódese gozar dunha espectacular vista da ría de Ribadeo, e visitar a capela de Santo Estevo na Graña.

Ao final da ruta, se se baixa ata a ría pódese visitar ademais o muíño de mareas das Aceas.

A ruta é curta, duns 6 km  e transitable en bicicleta ou a cabalo.


Ligazóns

Descargas

Compartir: