Facer

Ruta da Costa

A ruta  da Costa vai dende a vila de Ribadeo ata a praia das Catedrais, facendo un agradable traxecto sempre a carón da costa.

Partindo do Cargadoiro, ás aforas de Ribadeo, pasa polo faro da illa Pancha, Rinlo e a praia de Os Castros- Illas. No traxecto pódese gozar de tres castros, aínda sen escavar, e varias cetarias tradicionais de marisco no entorno de Rinlo, ademais de numerosas calas e pequenas praias e cantís con espectaculares  morfoloxías.

Costa de Ribadeo

A ruta é de dificultade baixa, pero de gran lonxitude. Recoméndase facela nun só sentido, o que resulta sinxelo aproveitando a liña de ferrocarril que discorre paralela á costa.

Durante o traxecto pódense atopar establecementos de hostalería nas zonas de Rinlo, Esteiro e As Catedrais e catro áreas de descanso con mesas.

Esta ruta ten unha senda alternativa que transcorre dende a vila de Ribadeo á Praia das Catedrais bordeando toda a costa, que fará as delicias  especialmente de tódolos amantes da bicicleta.

Ligazóns

Descargas

Compartir: