Ver

As Casas Indianas

Casa Indiana en Ribadeo

O levantamento en  España ás restricións á emigración, dende mediados do século XIX e ata mediados do XX, propiciou que numerosos  habitantes de Ribadeo optasen por embarcarse rumbo a América para buscar un futuro máis próspero.

Este fenómeno migratorio fai que, aínda a día de hoxe,  moitos dos veciños do concello teña algún familiar ao outro lado do Atlántico.

Moitos dos que se embarcaron na aventura «de facer as Américas», na busca dun futuro mellor,  establecéronse definitivamente en terras americanas e non volveron a súa terra natal. Outros regresaron coma cando marcharon e tan só uns poucos lograron realizar o seu soño e retornaron con riquezas.

Unha vez de volta,  a maior ansia do indiano (emigrante retornado das Américas) era demostrar  que fixera fortuna e tivera éxito en América.  


Isto conseguíao a través de símbolos de posición social da época: un reloxo de ouro, un coche dos máis grandes e como non construíndo  una gran casa que reflectise a súa riqueza.

Casa Indiana en Ribadeo

A parte desta mostra de ostentosidade, moitos dos indiano que volveron adiñeirados tamén demostraron xenerosidade para co seu pobo e financiaron escolas, traídas da auga, a electrificación, cemiterios, camiños, fontes, iluminación pública..., unha longa lista de equipamentos que melloraron a vida dos habitantes da vila.

Mostra disto é o cuantioso legado indiano co que conta Ribadeo, con máis de 27 casas, múltiples escolas, un cemiterio, a praza para o mercado, a traída de augas, a Granxa Escola Agrícola Pedro Murias...





Ligazóns

Compartir: