Ver

Petroglifos “As Fádegas - As pisadas do Encanto”

Petroglifos “As Fádegas - As pisadas do Encanto”

Un petróglifo é unha representación gráfica ou símbolo gravado nas rochas ou pedras ao aire libre.

Considerados coma antecesores da escritura, tense constancia da súa existencia xa dende o período neolítico e son un elemento característico da arte rupestre galega.








Petroglifos “As Fádegas - As pisadas do Encanto”

Este conxunto etnográfico, coñecido polo nome de “As pisadas do encanto”, consta de 11 pegadas  de distintas medidas e dúas cazoletas (ocos escavados na superficie das rochas). 

Atópanse nos lindes  das Fádegas, unha horta das Anzas, na parroquia de Cubelas, e están datados en torno ao 3.000 a.C..    





Petroglifos “As Fádegas - As pisadas do Encanto”

Trátase dos primeiros petroglifos podomorfos (con forma de pé) atopados na Mariña e foron declarados como ben cultural e incluídos no inventario de xacementos arqueolóxicos da Dirección Xeral do Patrimonio.

Compartir: