Ver

Os muíños

Muíño de mareas

Os muíños son un peza patrimonial moi abundante dentro da arquitectura  popular galega. Esta construción estaba destinada a moer cereais, especialmente trigo e  millo, para obter fariña coa que poder elaborar alimentos ou dar de comer ao gando.

Os ríos e as rías permiten a utilización da forza da auga para o seu funcionamento e en zonas castigadas polos ventos atopamos muíños que aproveitan esta enerxía.

Pola súa xeografía, Ribadeo posúe estas características que lle permiten contar con muíños de río, muíños de vento e muíños de mareas.

Muíño das Aceñas

Muíño en Rinlo

Trátase dun muíño de mar sito na enseada do mesmo nome, na parroquia de Ove. Aínda que non hai documentación que o acredite, a súa antigüidade dátase entre cincocentos ou seiscentos anos.

Consiste nun muro de contención do mar, que non pecha por completo a enseada, e o propio muíño.

Muíño do Campo de San Pedro

Esta construción atópase na parroquia de Rinlo. Conta con planta rectangular con muros de cachotaría, cuberta a dúas augas de lousas e limas con tella curva e porta de acceso con lintel.

Compartir: