Facer

9. Casa de Sela e Xardín de Indianos

A Casa do a é unha das construcións indianas máis antigas de Ribadeo, data de 1869. O seu impoñente volume, a sobriedade decorativa e o emprego da cantería de granito remiten á arquitectura tradicional, tanto institucional coma privada, que se desenvolveu na Galicia do XVIII e XIX. Os seus construtores foron fieis ás tendencias clásicas da arquitectura autóctona, plasmada nos pazos urbanos dos séculos XVIII e XIX.

Os datos existentes indican que se trata dunha réplica da vivenda que o promotor posuía en México, quizais por iso o edificio inclúe rechamantes galerías e sobre a planta superior foi habilitada unha terrada cunha glorieta a xeito de observatorio do ámbito. O terreo da casa acolle a típica vexetación indiana, onde non falta a emblemática palmeira.

O chamado Parque de Indianos incluído na ruta foi proxectado para honrar a memoria dos emigrantes ribadenses, fosen ou non afortunados e tivesen ou non regresado. O parque conta con arbustos típicos de Galicia e de América, caso das araucarias, ademais de magnolios, e diversas especies de plantas floridas, ademais dos plátanos que xa poboaban a parcela antes da súa remodelación.

Compartir: