Ver

Parque etnográfico do Cargadoiro

Parque etnográfico do Cargadoiro

Este parque etnográfico alberga hoxe os restos dun antigo cargadoiro de mercancías, un punto de descarga do tren. Trátase dunha pasarela que servía de cargadoiro nun complexo mineiro industrial baseado na extracción de ferro. Coa axuda dunha grúa  traspasábase  a carga do tren aos barcos que se atopaban debaixo, facilitando asó o comercio con barcos de grande calado, ao evitarlles ter que entrar na ría e depender das subidas e baixadas das mareas.

Parque etnográfico do Cargadoiro

O mineral era transportado por ferrocarril ata este lugar, chamado Porto Estreito, a través dunha liña ferroviaria duns 32 km de longo, que a comezos do século XX conectaba Ribadeo cos fornos da zona mineira de Vilaodriz, na Pontenova.

Este complexo mineiro industrial inaugurouse no ano 1903, cun custe de 6 millóns de pesetas. Todo o capital era privado e proviña da Sociedade Minera de Vilaodrid, neses momentos dirixida por Julio Lazúrtegui, enxeñeiro-director e principal accionista.

A partir do ano 1927 empezouse a usar o ferrocarril tamén como medio de transporte de viaxeiros ata que foi clausurado definitivamente no ano 1966 tralo levantamento dos raís.

Compartir: