Ver

Igrexa de Santa María do Campo

Igrexa de Santa María do Campo

Anteriormente era un convento de franciscanos ata  que no 1835 se converteu na igrexa parroquial de Santa María do Campo.

Co paso do tempo a igrexa sufriu diversas reformas. No 1905 sufriu a demolición da espadana que se atopaba sobre o muro do Evanxeo e no seu lugar construíuse o campanario actual.

A igrexa foi ampliada ao engadirlle o pórtico e o coro e cambióuselle a bóveda que era de peche de madeira por unha bóveda nervada.

Do antigo convento franciscano consérvase a disposición xeral do plano, o arco do presbiterio, as laxas do chan e os restos do antigo.

Este templo presenta unha nave central cuberta de bóveda sinxela nervada, capela maior, dúas capelas na ábsida e outras dúas máis abertas no cruceiro. O centro do transepto e as dúas capelas da esquerda levan tamén bóveda de nervios con terceletes e ligaduras.


Igrexa de Santa María do Campo

A portada é gótica do século XIV, con catro columnas que teñen capiteis de decoración vexetal, ventá grande da mesma época e torre de estilo neogótico.

No lado esquerdo do templo hai unha portada gótica moi semellante á principal, tamén do século XIV e con decoración a base de ángulos e motivos vexetais nos dous capiteis das súas columnas.

No seu interior destacan os arcos románicos que dan acceso á sala capitular antiga dende o claustro e dous retablos barrocos do século XVIII.

Nel tamén se poden atopar os escudos de armas de importantes familias fidalgas de Ribadeo.

Compartir: