Ver

Mámoas de Rego de Mel (Remourelle)

Mámoas de Rego de Mel (Remourelle)

As mámoas son acumulacións artificiais, xeralmente de forma circular, de terra e pedras.

Soen presentarse de forma brusca sobre o terreo e a súa función era acoller un ou varios enterramentos.

No seu interior habitualmente adoitaban ter tamén un dolmen. 

Son un elemento funerario característico da cultura megalítica.


Mámoas de Rego de Mel (Remourelle)

Os restos arqueolóxicos das Mámoas de Rego de Mel, sitas no lugar coñecido como Pena do Gato en Remourelle, pertencen ao período neolítico e están datados entre o 6.000 e o 3.000 a.C..

Están formadas por un  conxunto de tres túmulos. O de maior tamaño ten unha altura de 1,70 metros, o segundo sobre 1,50 e o terceiro e máis pequeno uns 0,60 metros.

Compartir: