Facer

3. Casa de Don Clemente

Casa de Don Clemente

Tras adquirir unha considerable fortuna e a conseguinte posición social, don Clemente, nacido en Ribadeo, regresou á vila e adquiriu dous edificios anexos que en parte reconstruíu e acondicionou para crear unha soa vivenda.

Trátase, polo tanto, dunha reforma efectuada sobre inmobles xa existentes, non é unha construción de nova planta, circunstancia pouco frecuente na arquitectura indiana, de aí a súa singularidade e tamén o seu valor arquitectónico.

De feito, na fachada do edificio é patente a preexistencia de dous inmobles independentes.

Compartir: