Facer

19. Casa Pancracio

Casa Pancracio

É de planta cadrada e a cuberta é a dúas augas, aínda que partida por unha bufarda, cun balconcito situado no centro da fachada principal. Esta casa, construída en 1926, destaca pola súa sobriedade formal, excepcional nas construcións indianas. Non obstante, ten elementos que avalan a súa inclusión nese estilo, tales como o "balcón presidencial", as cornixas con modillones ou o frontal triangular (de selo neoclásico) no que foi gravado o nome da vivenda e o ano de construción.

Completan o conxunto unha cerca moi acorde coa vivenda e a presenza das típicas especies vexetais de importación, que verdean o xardín e confirman a súa orixe indiano.

Tras visitar Casa Pancracio, o itinerario conduce invita ao Círculo Habaneiro para rematar a ruta da Pegada Indiana.

Compartir: