Facer

18. Casa Acevedo

Casa Acevedo

Por mandato e a expensas de José Acevedo Martínez, trátase dun grupo de inmobles levantado en 1920, dous dos cales están unidos e conforman a vivenda propiamente dita. Deixando dun lado as outras construcións complementarias, como é a vivenda dos caseiros, o inmoble principal denota solidez a pesar de que un dos dous bloques sexa de planta baixa e baixo cuberta e o outra teña unha planta máis. Chama a atención que a fachada fose recebada con morteiro de cemento, se ben á primeira vista parece ser de pedra.

Debido á humidade do terreo, a casa foi levantada sobre piares de madeira. Tamén destaca a porta do terreo, un enreixado de ferro coas moi habituais pero non por iso vulgares lanzas e flores de lis, enmarcado o conxunto con dúas poderosas pilastras de ladrillo á vista (similar ao estilo mediterráneo) coroadas cun capitel.

Compartir: