Ver

Os lavadoiros

Lavadoiro

O lavadoiro era o lugar, no río ou mesmo nun regueiro, no que se lavaba a roupa a man sobre unha táboa ou pedra lisa.  A maioría deles contaban cunha cuberta sostida por piares de pedra pero tamén os había abertos. Aínda que algunhas casas,  polas que transcorría próximo un río, podían contar cun propio, os lavadoiros de roupa  adoitaban ser públicos e polo tanto de uso colectivo.

Nalgúns as mulleres lavaban a roupa unhas fronte a outras, pero noutros as mulleres lavaban de lado. Nestes establecíanse regras de uso, coma a de botar a auga sobre a roupa coa man dereita  para así evitar botarse unhas a outras xabón e auga.

Os lavadoiros públicos, xuntos coas fontes, eran os grandes lugares de convivencia e contacto social para as mulleres da época.

Compartir: