Facer

visitas guiadas verán 2022

* Tarifa con período de vixencia limitado

A área de Turismo do Concello de Ribadeo organiza 11 percorridos guiados a través dos que se poderá descubir o seu importante patrimonio natural e cultural.

Unha serie de rutas, para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos moi diversos tanto dende o punto de vista natural como cultural.

Este ano, como novidade incorpóranse unha nova visita teatralizada polo legado indiano, coa que daremos a coñecer a historia viva da pegada da emigración a ultamar. Continúan as outras 2 visitas teatralizadas que o ano pasado tiveron tanto éxito: A Visita teatral ao Ribadeo Ilustrado, da man do grupo de teatro Os Quinquilláns, todos os xoves de xullo, agosto ás 20.30h.

E a
Visita teatralizada ao Camiño do Encanto con esta, percorremos algúns dos atractivos máis singulares do interior de Ribadeo: Pazo de Cedofeita, Pegadas do Encanto e Santuario de Nosa Señora das Virtudes con relatos teatralizados que permitirán afondar nos valores e historia do patrimonio interior de Ribadeo.
Moverémonos en bus e as datas son o domingo 24 de xullo e o domingo 7 e 21 de agosto. Partirase da oficina de turismo ás 10.30h e terá unha duración: 2,5h

Ademais, a través de 4 roteiro guiados e interpretados, poderase gozar do fascinante patrimonio cultural e etnográfico
presente en cada recuncho da vila e tamén do interior do Concello:  

  1. Visita guiada ao Santuario de Nosa Señora das Virtudes.
  2. 2.     Visita guiada ao “Ribadeo Indiano”.
  3. Visita guiada ao “Ribadeo Ilustrado”.
  4. Visita guiada ao “Ribadeo Antigo”
Dende o punto de vista natural darase unha ampla visión do importante patrimonio xeolóxico presente ao longo de todo o litoral, que vai dende o conxunto de arcos rochosos máis importantes da península ata a maior estrutura xeolóxica da mariña lucense. Así, organizaranse 4 Xeorutas: RIBADEOXNATURAL
  1. 1.     Xeo-ruta dos Arcos. Exploramos o conxunto de arcos rochosos máis importante da península Ibérica.
  2. 2.     Xeo-ruta da Ría. Descubrimos a orixe da ría de Ribadeo, a súa evolución, e as formas que xerou nesta a erosión mariña e fluvial.
  3. 3.     Xeo-ruta dos Pregues. Mostramos unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña Lucense, o gran pregue que se estende dende a Ría de Foz ata Ribadeo.
  4. 4.     Xeo-ruta do Ollos. Gozamos dos tesouros xeolóxicos deste treito litoral e do fermoso pobo mariñeiro de Rinlo.


Todas as visitas serán de balde, pero con prazas limitadas.
Para formalizar a reserva debemos entrar na sección de “MOMENTOS” da páxina web: turismo.ribadeo.gal
Máis info: 982 128 689      

Compartir: