Facer

Mar e terra. Unha volta as orixes.

SetembroXNatural

DE BALDE
* Tarifa con período de vixencia limitado

. Un ano máis, Ribadeo contará cunha nova edición de SetembroXNatural, un programa de actividades relacionadas co noso medio ambiente. Preténdese con el darlle ó verán un peche de ouro, aproveitando este mes de transición para ofrecer actividades formativas e de ocio atractivas para veciños e visitantes. As actividades, que terán lugar ó longo de todo o mes, van dirixidas a un público familiar, e inclúen dende concertos a visitas guiadas, pasando por danza e circo e conferencias. Todos estes eventos, cos que esperamos sorprender ó público asistente, serán anunciados nos próximos días por distintos medios.  

Entre eles, queremos render nesta edición unha homenaxe ás nosas orixes, adicando tres xornadas a recordar e divulgar algo que marcou os pasos do que hoxe é Ribadeo, unha vila comercial e turística que soubo sacar proveito dos seus recursos naturais. Así, dentro do SetembroXNatural deste ano destacamos as actividades incluídas dentro de Baños de Mar e Froitos do Mar, que xiran arredor dalgún dos aproveitamentos máis importantes das augas mariñas que se fixeron no noso municipio. O mar como fonte de saúde e de vida, como xerador de recursos, como fío da nosa historia e como orixe da nosa riqueza. O mar como protagonista e nós como actores responsables.  


Baños de Mar recordará a figura das canouras, pioneiras do noso turismo, a través de conferencias e visitas guiadas sobre o poder curativo das augas e o uso que delas se facía na nosa vila. Complementarán estas xornadas diversos actos lúdicos e musicais e, como non, baños de mar colectivos.  

Pola súa parte, Froitos do Mar levaranos a Rinlo, onde se ofrecerá unha visita guiada polo seu litoral dende a cofradía ata as cetarias na que se destacará o mérito do pobo de Rinlo, que dende as súas orixes como porto baleeiro e ata a actualidade, punto de referencia gastronómico polo seu percebe e a calidade dos seus restaurantes, sempre soubo aproveitar as bondades da súa costa.

Desfrutemos do noso setembro, do noso mar, da nosa terra e das actividades que, con moito respeto, coidado e agarimo, temos preparadas para o voso desfrute.

ACTIVIDADES

ACTIVIDADES

Domingo 3: Día da bicicleta

Luns 4: Orquestra de Camarote

Luns 4: XeoRuta da Ría. Reserva previa

Martes 5: XeoRuta dos Arcos. Reserva previa

Luns 4 e Martes 5: Galicia Sabe Amar, foodtrucks

Sábado 16: Froitos de Mar

Sábado 16: VIII Edición Media Maratón As Catedrais

Domingo 17: Día do Produto Local

Luns 18: XeoRuta dos Arcos. Reserva previa.

Sábado 23 e domingo 24: Baños de Mar

Domingo 24: As/Os Picaras/os ocupan o Mercado

Domingo 24: III Orienta Ribadeo 



Compartir: