Facer

#RibadeoXVivo

Consultar
* Tarifa con período de vixencia limitado

A área xeográfica que abarca o territorio do concello de Ribadeo é un enclave natural de alto valor ecolóxico, cunha elevada concentración de recursos naturais e paisaxísticos: unha Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”; dous espazos encadrados na Rede Natura 2000, como o LIC Ría de Ribadeo e o LIC As Catedrais; unha Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) e Humidal Protexido, a Ría de Ribadeo; e un Monumento Natural, As Catedrais; enclaves que fan do concello de Ribadeo un paraíso para a práctica de todo tipo de deportes ao aire libre.


Sendeirismo, ecoturismo, BTT, paseos en barco, surf, kitesurf, canoas, piraguas, vela, mergullo ou parapente, son algunhas das actividades que podemos realizar nestas inigualables paraxes.  

Para a súa práctica, Ribadeo conta con instalacións náutico deportivas, asociacións, guías especializados e unha gran variedade de empresas e actividades deportivas y de aventura, que ofrecen interesantes opcións para descubrir e gozar deste entorno e que te presentamos a través desta publicación.

Descargas

Compartir: