Facer

Visita teatralizada

De Balde
* Tarifa con período de vixencia limitado

Esta ruta percorre algúns dos atractivos máis singulares do Camiño do Encanto, con relatos teatralizados e visitas guiadas que permitirán afondar nos valores e historia do patrimonio interior de Ribadeo.

Visitaremos a Capela de Nosa Señora das Virtudes na Ponte de Arante para indagar na tradición deste  templo que garda o conxunto de pinturas murais máis significativo de Ribadeo, achegarémonos ó famoso Pazo de Cedofeita para coñecer de cerca este recurso tan singular, e entraremos nun mundo de lenda da man das “Pegadas do Encanto”.

Nos camiños, que percorreremos en autobús, poderemos apreciar todos os valores de Ribadeo asociados ao mundo da gandería e a agricultura, culminando na Praza de Abastos para ver de cerca os froitos da nosa terra.

Xullo

Agosto:



Punto de encontro: Oficina de turismo de Ribadeo (desprazamento en minibus gratuíto)
Hora: 10.30h
Duración: 2,5h

De balde
Prazas limitadas 20 persoas
Reservas: na sección de “MOMENTOS” na páxina web: turismo.ribadeo.gal
Máis info: 982 128 689

**Manteranse todas as medidas hixiénico sanitarias por mor do COVID 19.  




Compartir: